Programa de actividades municipais
O concello de Santa Comba pon en marcha o programa de actividades do “Verán 2014” que arranca esta fin de semana coa “Festa Celta” que se desenvolve na contorna da Casa do Pozo. Os actos comezarán ó mediodía, coa apertura dunha feira e unha exposición de artesanía (12,00h). Durante o serán haberá unha actuación da escola municipal de teatro (infantil-xuvenil 19,00h), un espectáculo de cetrería (10,30), performance poética (21.00) e a actuación da escola de música tradicional (23:00). No marco da “Festa Celta” tamén terá lugar unha degustación de “carne a grella” do Xallas(20:00)
A partires das 24:00h terá lugar “unha noite de lume e meigas” con desfile de fachos, animación de rúa a cargo de Troula animación e o Mago Queimán, espectáculo de lume, conxuro da queimada,etc…
Este mesmo mes de xuño. Tamén se celebrará un Torneo de Pádel(Inscricións no 981103034), e a actuación no Campo da Feira do Mago Xacobe (o 29 de xaneiro día de San Pedro as 19:30h).
Para o mes de xullo o concello organiza unha ruta fotográfica(10 de xullo), un campamento multideportivo(segunda quincena) e unha noite de rock coa actuación dos grupos Grand Soul Tribute Band e The Cerne(Campo da feira 26 de xullo). Tamén no mesmo lugar se desenvolverá ao día seguinte, unha “Xornada Máxica) cunha ludoteca de xogos xigantes e a actuación de Chrystian Magic.
Para o mes de agosto o concello de Santa Comba ten programadas máis actividades como unha saída ao AquaPark(Día 13), campamento urbano de inglés(Do 4 ao 14), campamento xuvenil en Boiro, ou a ruta xuvenil “Camiño dos Faros”(22 de agosto). Este mes rematará cunha proba do Campionato galego de autocross(30 de agosto)e o XIII Día da Bicicleta(31). Tamén se organiza un curso oficial de monitor de tempo libre, un obradoiro municipal de radio e unha xornadas interculturais Galicia-Ucrania.