Será transferida e aprobada no Consello da Xunta este mes.
O Consello da Xunta aprobará a finais de setembro o decreto polo que se aproba o cambio de titularidade da estrada Santiago-Santa Comba, no treito Portomouro-Santa Comba. Despois a Xunta de Galicia pretende someter a información pública o proxecto, previsiblemente no primeiro semestre de 2013.Así o expresou o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, nunha xuntanza de traballo que mantivo co alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira Gallardo.
Ante esta noticia, Antonio Landeira amosábase “moi satisfeito” por lograr “dar este paso importante” no primeiro ano de lexislatura. Desde o goberno local indicaron que non renunciaban a unha mellora integral de toda a estrada pero suliñan que o treito Santa Comba-Portomouro é “a gran prioridade”.
Landeira agradeceu o apoio da Xunta de Galicia para poder cumprir unha demanda histórica, que agora rexistra un novo avance, o da transferencia de titularidade dunha vía que pertence a Deputación e que pasando as mans da Xunta poderá ser mellorada.
0 comentarios