Capela construída no 1.714 en Armán.
Este vindeiro domingo celebraranse os trescentos anos de existencia da capela de San Blas de Armán, construída no 1714 por iniciativa veciñal. E precisamente veciños, a parroquia dirixida por Eduardo Prado e o concello de Santa Comba promoven varias actividades conmemorativas.
A xornada comezará as 12:30, cunha procesión en camión aberto que arrancará desde a capela de Santa Catalina para trasladar esta imaxe ata Armán. Na súa rota tamén recollerá as imaxes da virxe na capela de Rubín e nos templos de Vilar e Grixoa(neste último caso levarase o San Xoán).
As 13,15 en Armán, oficiarase unha misa de “acción de grazas” polos tres séculos de existencia da capela, descubrirase unha placa conmemorativa e haberá un xantar no interior dunha carpa instalada a tal efecto.
O evento contará coa asistencia do alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira Gallardo.Recentemente o concello desenvolveu mellora de acondicionamento da contorna da capela, nun proxecto valorado en 12.000 euros.
0 comentarios