981880075
Seleccionar página

 

O Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña fixeron entrega esta semana de desfribiladores a varias Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil entre as que se atopa a do Concello de Santa Comba.

A entrega tivo lugar na sede da Academia Galega de Seguridade Pública e a sua recepción acudía a Alcaldesa María Pose acompañada por responsables de Protección Civil.

O desfribilador externo semiautomático (DESA) está deseñado para aqueles casos de parada cardíaca que suceden fóra dos centros hospitalarios e que pode usarse por persoal non médico seguindo as instruccións que este indique.

O Concello reforza así a resposta ante posibles emerxencias e en breve procederá a instalación do DESA en dependencias deportivas.

 

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *