O Concello de Santa Comba acolle este fin de semana un curso de “Busqueda de Persoas Desaparecidas” para voluntarios de Protección Civil da provincia da Coruña.
Santa Comba foi elexida como sede pola Academia Galega de Seguridade Pública. Este curso realizase no Edificio Multiusos e nos montes da localidade. Impartiráse formación para capacitar os alumnos para participar con exito en operativos de busca de persoas desaparecidas (organización, xestión, localización e evacuación) tanto no ámbito urbano coma no rural.
O Alcalde José Antonio Ucha Velo, foi o encargado da apertura do mesmo na que participan agrupacións de voluntarios de Oroso, Coristanco, Carballo, Fene, Ortigueira e As Pontes entre outras.
Impartido polo Dr. Antonio Ulloa.