Servizo de Atención Temperá
Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020
“O FSE inviste no teu futuro”
Agrupación de concellos de Santa Comba e A Baña
As subvencións ás entidades locais para a prestación de servizos no marco da Rede galega da atención temperá están cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.
O obxectivo (O.T.9) é promover a igualdade, a saúde e a inclusión social mediante un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos, a súa familia e contorno, co fin de facilitar a súa autonomía persoal e a dita inclusión.
QUE É O SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ (S.A.T.)?
É un servizo de carácter público e gratuito, que atende á poboación infantil de 0 a 6 anos, ás súas familias e á súa contorna e que ten por obxectivo dar resposta o máis axiña posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os/as nenos/as con trastornos no seu desenvolvemento ou con risco de padecelos, para que reciban todas as axudas necesarias para poder potenciar a súa capacidade de desenvolvemento e benestar.
QUE OFRECE O SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ (S.A.T.)?
-Valoración funcional dos trastornos de desenvolvemento dos/as nenos/as.
– Apoio en todas as áreas de desenvolvemento do/a neno/a.
– Apoio, información, habilitación e formación da familia.
– Coordinación coa contorna.
– Seguimento de casos que non acuden a tratamento continuo.
COMO SE PODE ACCEDER Ó SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ (S.A.T.)?
-Calquera familia residente nos concellos de Santa Comba ou A Baña poderá solicitar información e atención no mesmo.
-Por derivación pediátrica.
COMO CONTACTAR CO SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ (S.A.T.)?
-Chamando: 687070416 ou 981880275
-Acudindo ao Servizo de Atención Temperá, sito no Centro de Cultura de Santa Comba (Avda. Alfonso Molina s/n)
Horarios:
Terapia Ocupacional:
martes 16h-18:30h
mércores 10h-13h//16h-18:30h
xoves 10h-13h//16h-19h
Logopedia:
luns 15h-20:30h
xoves 9h-14h
venres 9h-14:30h
Fisioterapia:
martes 10:30h-13:30h
venres 8:45h-13:45h
Email:
atsantacomba@gmail.com