■ Modalidades:Ofértanse distintas modalidades para que os maiores poidan gozar dunhas vacacións no período comprendido entre os meses de outubro de 2009 e xuño de 2010, segundo a modalidade:
- Estadías en zonas costeiras.
- Viaxes culturais para coñecer a Historia e a Arte de España.
- Turismo de natureza con rutas por paraxes pintorescas.
- Intercambio con outros países.
■ Servizos incluídos:
- Viaxe ida e volta desde a súa capital de provincia ata o hotel de destino e regreso, agás para a modalidade de viaxes sen transporte.
- Aloxamento en réxime de pensión completa en habitación dobre a compartir en hoteis seleccionados polo IMSERSO. Contémplase o aloxamento en habitación individual, que terá un suplemento no prezo e estará suxeito a dispoñibilidade de prazas.
- Servizo médico, complementario da Seguridade Social, no propio hotel.
- Programa de animación
- Póliza colectiva de seguros
Nas viaxes Culturais e Turismo de Natureza, dadas as súas especiais características, non se inclúen os servizos médicos e programa de animación. ■ Prezos por persoa das diferentes quendas:A previsión de prezos para a tempada 2009/2010 é a seguinte:
Destinos | 8 días | 10 días | 15 días | 15 días combinados | 29 días | 29 días combinados |
Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana | 160,40 € | 207,50 € | 303,20 € | 514,50 € | 545,70 € | |
Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana (sen transporte) | 136,10 € | 168,90 € | 246,00 € | |||
Baleares | 187,50 € | 238,10 € | 327,80 € | 545,10 € | 575,90 € | |
Baleares (sen transporte) | 136,10 € | 168,90 € | 246,00 € | |||
Canarias | 244,10 € | 311,70 € | 462,50 € | 493,20 € | ||
Portugal | 178,20 € | Estes prezos inclúen o aloxamento en habitación dobre a compartir. No caso de aloxamento en habitación individual estes prezos teñen un incremento de 12,70 € por noite para os destinos de península e Baleares, 14,70 € por noite para Canarias e 17,85 € por noite para os destinos de viaxes Culturais e Turismo de Natureza. |
||||
Viaxes culturais (6 días) | 170,10 € | |||||
Turismo de Natureza ( 5 días) | 164,40 € |
-Viaxes Culturais: Consisten na realización de roteiros turístico-culturais durante 6 días (5 pernoctacións) en réxime de pensión completa, con servizos permanentes de guía especializado. Os circuítos desenvolveranse en zonas de marcado interese cultural do interior da península e cornixa cantábrica. -Turismo de natureza: Realizaranse en quendas de 5 días (4 pernoctacións) en zonas de espazos naturais que permitan actividades recreativas e contemplativas, así como realizar un turismo activo de esforzo moderado. Cada provincia de orixe contará cun destino en Turismo de Natureza. ■ Solicitantes:Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:
- Ter como mínimo 65 anos cumpridos.
- Ser pensionista de xubilación do Sistema Público de Pensións.
- Ser pensionista de viuvez do Sistema Público de Pensións, con 55 anos cumpridos.
- Outros pensionistas do Sistema Público de Pensións e prexubilados con 60 anos cumpridos.
- Valerse por sí mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.
Se a/o solicitante viaxa co cónxuxe, non é preciso que éste reúna os requisitos de idade e pensión.
Admitirase como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao de minusvalía igual ou superior ó 45%, sempre que a viaxe a realice con seus pais e ocupe cama supletoria na mesma habitación do hotel. Deberá cumprimentarse o apartado correspondente da solicitude cos datos do fillo/a e achegar fotocopia do certificado de minusvalía.
PRAZO PARA PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 20 DE XUÑO DE 2009 MÁS INFORMACIÓN : DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO tELF: 981 880075
0 comentarios