A VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR, A TRAVÉS DA SECRETARÍA XERAL DO BENESTAR, CONVOCA PARA O ANO 2009 UNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL
BENEFICIARIOS DO PROGRAMA:
Poderán acollerse a este programa as persoas que reúnan os seguintes requisitos:
a) Ser maior de 65 anos ou maior de 60 coa condición de pensionista
b) Residir en Galicia
c) Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e atoparse en condicións de aistir ó Programa.
d) Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin transtornos mentais ou condutuais, que poidan alterar a normal convivencia.
e) Respecto ás quendas de carácter termal, precisar o tratamento solicitado.
f) Ter presentado a solicitude dentro do prazo establecido.
g)Acadar a puntuación que lle permita acceder ó destino solicitado.
h) Ter efectuado a oportuna aceptación da praza e o pagamento do prezo estipulado.
DÚAS MODALIDADES: TURISMO DE INTERCAMBIO E TURISMO TERMAL
TURISMO DE INTERCAMBIO:
Destino Portugal (120 prazas)
TURISMO TERMAL:
iIncorporación de novos balnearios (Aculla Illa da Toxa, Mondariz e Outariz), e ofértanse dúas opcións:
SÓ TRATAMENTO TERMAL: Inclue unicamente o tratamento termal, mentres que o desprazamento e o alonxamento son por conta do beneficiario. 1015 prazas.
TODO INCLUIDO: Comprende transporte, aloxamento, manutención, tratamento termal, animación sociocultural e póliza colectiva de seguros. 2139 prazas
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: ATA O 15 DE ABRIL