981880075
Seleccionar página

A VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR ACABA DE CONVOCAR AXUDAS PARA AQUELAS PERSOAS QUE TEÑAN Ó SEU CARGO FILLOS/AS MENORES DE TRES ANOS NA DATA A 1-1-2009 (NACIDOS ENTRE O 2-1-2008 E O 1-1-2009) , E QUE POR RAZÓN DE INGRESOS OBTIDOS DURANTE O ANO 2007 NON SUPEREN EN DITO EXERCICIO OS 22.000 EUROS.

A PRESTACIÓN CONSISTIRÁ NUN PAGAMENTO ÚNICO DE 360 EUROS POR CADA UN DOS FILLOS MENORES QUE AS PERSOAS BENEFICIARIAS TEÑAN Ó SEU CARGO.

OS SOLICITANTES DEBERÁN ACHEGAR A SEGUINTE DOCUMENTACIÓN:

– DNI/NIF ou NIE da persoa solicitante e do seu cónxuxe ou parella

– Libro de familia

– Libreta de aforros, na cal debe figurar como titular a persoa que asina a solicitude.

– Sentenza de nulidade, separación ou divorcio, e do convenio regulador, de ser o caso

– Nos supostos de adopción ou tutela, auto xudicial de adopción ou da resolución xudicial de constitución da tutela.

AQUELES SOLICITANTES QUE FORON BENEFICIARIOS DE DITA PRESTACIÓN NO ANO 2008, SÓ TERÁN QUE ACHEGAR O DNI OU NIE.

PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES DEBERÁN DIRIXIRSE Ó DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE SANTA COMBA, ATA O 13 DE MAIO