Este venres 2 de decembro, a Concelleria de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, do Concello de Santa Comba, dirixida por dona Esther Espasandín Turnes e a alcaldesa María Pose Rodríguez, en colaboración coa Asociación de Discapacitados “AVANTE” do Val do Dubra e o CEIP “Barrié de la Maza”, puxo en marcha unha serie de actividades cos alumnos dese centro co obxectivo de concienciar e sensibilizar sobre as dificultades das persoas con discapacidade.