DESTINATARIOS
Terán preferencia os coidadores habituais de persoas afectadas pola enfermidade do Alzheimer e/ou outras demencias, ou persoas con discapacidade. No caso de que queden prazas libres poderán acudir persoas interesadas en xeral.
Para a realización do curso será imprescindible contar con un número mínimo de 10 participantes e un máximo de 20.
OBXECTIVOS
Os obxectivos plantexados para o desenvolvemento deste curso son:
XERAIS
- Mellorar a saude psico-emocional mellorando así o benestar e a calidade de vida dos coidadores habituais de persoas afectadas pola enfermidade do Alzheimer e/ou outras demencias.
ESPECÍFICOS
- Diminuir o descoñecemento que moitos coidadores teñen da enfermidade. Fases e afrontamento da mesma.
- Riscos de sobrecarga: trastornos conductuais, emocionais e cognitivos.
- Mellorar e/ou manter a saúde do coidador. Favorecer a búsqueda de ocio e tempo libre.
- Reducir o nivel de estrés entrenando en técnicas e exercicios de regulación emocional.
CONTIDOS
- Actividades formativas destinadas principalmente a formarse sobre a enfermidade e todo o relacionado con ella. O proceso de aceptación e as suas frases.
- Actividades de regulación emocional, identificar,comprender e expresar a emoción.
- Actividades de auto-cuidado destinadas a concienciar e practicar o propio auto-cuidado. Respiración, risoterapia, os dereitos do coidador.
TEMPORALIZACIÓN
O curso teria unha duración de 8 horas, que se impartirían en 4 sesións de 2 horas cada día.