Concesión de axudas individuais, para persoas maiores, persoas con discapacidade e persoas en situación de dependencia, co fin de colaborar en determinados gastos realizados no ano 2010.
- Axudas técnicas ou produtos de apoio para o normal desenvolvemento da vida diaria.
- Adaptacións funcionais do fogar e eliminación de barreiras arquitectónicas e de comunicación no interior da vivenda
- Adquisición de próteses dentais e audífonos.
PERSOAS BENEFICIARIAS
– Persoas maiores, de 65 ou máis anos.
– Persoas con discapacidade, menores de 65 anos, que teñan recoñecido un grao de minusvalidez igual ou superior ó 33%
– Persoas que teñan recoñecida a situación de dependencia nos Graos III e II, e nos Niveis 1 e 2, ou que teñen solicitada e se lle recoñeza en calquera dos graos e niveis anteriores.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
Ata o 7 de maio de 2010
MÁIS INFORMACIÓN
No Departamento de Servizos Sociais do Concello, situadas no baixo da Vivenda Comunitaria, R/ Coruña, s/n (acceso polo parque infantil)Teléfono: 981 104309
0 comentarios