O Concello de Santa Comba ven de iniciar a contratación das obras incluídas no PAS 2015. Trátase de 4 obras cun orzamento global de 805.000 euros.
En concreto, as obras que se van licitan son:
1. PAVIMENTACIÓN PORTOCARREIRO-A ILLA-FREIXEIRO-VILARNOVO-CARRE
2. REHABILITACION E CONSERVACIÓN DA PISCINA MUNICIPAL CLIMATIZADA E DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL
3. ABASTECEMENTO DE AUGA A ZONA NORTE DA PEREIRA
4. REHABILITACIÓN E CONSERVACIÓN DA CASA DE CULTURA DE SANTA COMBA
DETALLE DAS OBRAS:
1. PAVIMENTACIÓN PORTOCARREIRO-A ILLA-FREIXEIRO-VILARNOVO-CARRE
O proxecto contempla un importe total de case 218.000 euros, dos cales o Concello de Santa Comba aporta 43.580,30 euros sendo o resto financiado pola Deputación.
A actuación consiste na pavimentación do vial municipal que atravesa de Norte a Sur a parroquia de Freixeiro.
Realizase un tramo en aglomerado con 5 centímetros de espesor dende a Estrada de Santiago ata as proximidades do núcleo da Illa, por ser o tramo de maior tránsito, e o resto do vial acometese con regos superficiais e de selado.
O proxecto inclúe, ademais da pavimentación, o limpado de cunetas, bacheo e ampliación do ancho do vial a fin de conseguir un pavimento útil de entre 5,50 e 6 metros.
2. REHABILITACION E CONSERVACIÓN DA PISCINA MUNICIPAL CLIMATIZADA E DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL
Cun importe de 165.000 euros, as principais actuacións a acometer son:
a) Rehabilitación do ximnasio (planta baixa e primeira planta), incluíndo sustitución do solo por pavimento de caucho tipo Mondoflex.
b) Ampliación do ximnasio (planta baixa) en 39 metros cadrados mediante a eliminación da zona axardinada interior e a instalación dunha cuberta.
c) Conexión cuberta entre o edificio da piscina e o pavillón
d) Instalación de caucho tipo Mondoflex na pista do pavillón, pintado interior do pavillón e creación de vestiario para árbitros baixo as gradas.
3. ABASTECEMENTO DE AUGA A ZONA NORTE DA PEREIRA
Cun importe de 235.000 euros, a actuación consiste en dotar de suministro de auga a zona norte de A Pereira.
En concreto, as actuacións centraríanse na zona habitada situada na marxe norte da estrada Negreira-Berdoias, supoñendo a instalación de case 5.500 metros de novas tubaxes.
Esta actuación complementa á obra de “Abastecemento de auga a Pereira” incluída no POS2015, consistente en instalar unha tubaxe dende Truebe, onde xa existe rede de abastecemento, con A Pereira a fin de ampliar a rede de abastecemento ata este último núcleo.
Inclúese na actuación a reposición das aceras e zonas de asfalto nas cales se instalen as tubaxes.
4. REHABILITACIÓN E CONSERVACIÓN DA CASA DE CULTURA DE SANTA COMBA
Cun importe de 187.000 euros, o proxecto inclúe as seguintes actuacións:
a) Substitución das tellas e illamento baixo cuberta con proxectado.
b) Reposición de canalóns e baixantes (os novos serán de zinc)
c) Substitución do lucernario
d) Rexeneración da fachada con illamento térmico tipo Coteterm, a fin de impermeabilizar e mellorar a eficiencia enerxética
e) Substitución das ventanas por unhas con maior capacidade de illamento.
f) Mellora estética da entrada ao edificio revestindo a marquesiña con zinc e instalando un peche de cristal.
g) Instalación de portas automáticas na entrada ao edificio.
O prazo de execución estimado dos proxectos é de seis meses a contar dende o comezo das obras.
Podese obter máis información e consultar os proxectos no perfil do contratante do Concello de Santa Comba:
https://www.santacomba.es/categ