981880075
Seleccionar página

BASES PARA O SORTEO DO CONCURSO POLO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER DO CONCELLO DE SANTA COMBA EN COLABORACIÓN CO PROGRAMA DE EMPREGO XUVENTUDE 2023

1. OBXECTO:

As presentes bases teñen por obxecto promover o coñecemento, por parte da poboación, das mulleres máis salientables no noso municipio, no marco do Día Internacional da Muller o 8 de marzo (8M).

Tamén se promove o comercio local a través dos seus premios.

2. PARTICIPANTES:

Poderán participar neste concurso persoas de todas as idades do Concello de Santa Comba.

3. DESENVOLVEMENTO:
O concurso contará con oito localizacións distribuídas en espazos públicos do centro urbano do Concello de Santa Comba. En cada un dos oito puntos haberá un código QR que as persoas participantes poderán descargar cos seus móbiles para obter a información sobre 8 Mulleres e/ou colectivos do noso concello. As persoas que desexen participar no concurso terán que atopar os 8 códigos coa información sobre as mulleres. En cada unha das paradas deberán sacar unha foto selfie onde se vexa á persoa participante e o código QR da muller de fondo para despois envialo por correo electrónico.

4. PRESENTACIÓN:

A inscrición para participar no concurso farase enviando un correo electrónico ao enderezo cim@santacomba.es  indicando o nome e apelidos, DNI e teléfono, xunto coas 8 fotos co selfie que certifiquen que se completou a ruta coa busca completa.

5. PRAZO:

O prazo para enviar o correo electrónico e poder participar no concurso será dende o 8 ata o 22 de marzo.

6. PREMIOS:

Entre todas as persoas que completen a ruta coa busca completa, e enviaran o correspondente correo electrónico coas fotos en prazo e forma, farase un sorteo. Del sairá tres persoas gañadoras como beneficiarias dun libro sobre feminismo.

Santa Comba, 8 de marzo de 2024

0 comentarios