MUUUITOSELFIE, UN CONCURSO FOTOGRÁFICO DISTINTO EN SANTA COMBA.

O CONCELLO DE SANTA COMBA PROMOVE UN ORIXINAL CONCURSO FOTOGRÁFICO NO MARCO DA SEMANA DO LEITE QUE TERÁ LUGAR ENTRE O 26 DE FEBREIRO E O 4 DE MARZO.

Un concurso de “selfies” MUUUITOSELFIE” nos que aparezan da maneira máis orixinal posible as vacas xalleiras, será un dos medios para darlle visibilidade ó sector gandeiro da comarca dentro da 1ª Semana do Leite do Concello de Santa Comba, que culminará o domingo 4 de marzo coa Poxa de xovencas de raza frisona.

Esta iniciativa, froito da colaboración entre o Obradoiro de emprego “Proturismo” e a Oficina de información Xuvenil municipal, pretende difundir nas redes sociais dun modo ameno un concurso fotográfico que teña como fondo a importancia do sector gandeiro na terra do Xallas. A participación é libre e aberta e pódese participar tanto no facebook ( Santa Comba Info+) como no Instagram (@Turismoterrasdoxallas) compartindo o teu autorretrato “vacún” co hashtag #muuuitoselfie.

Os premios serán en vales de compra en establecementos concertados de Santa Comba.

(2018 – 03 – 03) Bases Concurso Muuu Selfie

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará