981880075
Seleccionar página

“Programa de Acompañamento Social e Mediación Intercultural e de Pares para Mulleres en situación de prostitución e/ou explotación sexual”.

Subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade a través da Secretaría Xeral da Igualdade, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

OBXECTIVO XERAL:

Contribuír á mellora da situación persoal, social e laboral das mulleres en situación de prostitución e/ou explotación sexual, a través dun proceso de mediación social e de pares, e de acompañamento personalizado e culturalmente adaptado.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:

Dotar de información ás mulleres de orixe estranxeiro, en situacións de prostitución, sobre dereitos esenciais e os distintos recursos existentes dentro do contexto da sociedade de acollida.

Mellorar o acceso aos servizos e recursos, así coma facilitar a tramitación e xestión dos documentos xurídico-legais, administrativos, sociosanitarios, etc. a través de medidas de acompañamento presencial e telemático, que faciliten o acceso aos distintos recursos da súa contorna.

Apoiar aos profesionais da intervención social e axentes público-privados que interactúan coas persoas inmigrantes a través da participación nos itinerarios personalizados de inserción laboral.

Contribuir á inserción sociolaboral, mellorando o nivel de cualificación das persoas participantes a través de formacións de apoio para a adquisición de carnés.

Favorecer o proceso de aceptación da realidade que están vivindo dende a perspectivade xénero a través de espazos de encontro grupais.

4.3 INDICADORES E RESULTADOS ESPERADOS:

• Nº de mulleres informadas e visitadas por o servizo de mediación intercultural: 22.

• Nº de acompañamentos e/ou de acceso a a recursos realizados pola Mediadora de Par: 36.

• Nº de Institucións e Axentes externos cos que se traballou en rede: 19 profesionais externos e diversificados (policial, sanitario, municipal, ONG).

• Nº de Mulleres que aumentaron o nivel de autonomía persoal a través da obtención de competencias sociopersonais en materia de obtención de carnés: 10 mulleres a través da obtención do Carné de Manipulador de Alimentos.

• Becada 1 muller no proceso “Aprendendo a Dirixir a túa Vida”.

• Nº de sesións colectivas nas accións grupais de apoio realizadas: 3.

• Nº medio de mulleres beneficiarias das accións grupais: 9.