O Servizo Galego de Igualdade ( SGI ) concedeulle ó Concello de Santa Comba o curso de " LIMPEZA DE SUPERFICIES E MOBILIARIO ", cun total de 100 horas, dirixido a mulleres desempregadas inscritas na Oficina de emprego.
O curso desenvolverase en horario de mañá, do 25 de outubro ó 9 de novembro, de luns a sábados (inclusive).
Serán un total de 13 días.
Prazas ofertadas: 15
As interesadas poderán inscribirse o 21 e 22 de outubro ( xoves e venres ).
Documentación necesaria:
– Fotocopia D.N.I..
– Fotocopia DARDE ( tarxeta de desemprego )
INSCRICIÓN E INFORMACIÓN:
Oficina do CIM – Teléfono: 981 104309
Oficina de Formación – Teléfono: 981 880275