981880075
Seleccionar página
Programa de Promoción do Emprego Autónomo ano 2009

Obxecto: promover e axudar a financiar proxectos empresariais que faciliten a creación do seu posto de traballo ás persoas desempregadas.
Beneficiarios: desempregados/as que creen o seu propio posto de trababallo mediante a constitución como traballadores/as autónomos/as ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional. Os beneficiarios terán que ser titulares ou cotitulares do negocio ou explotación. Poden ser beneficiarios cando formen parte de sociedades civís e comunidades de bens sempre que as soliciten a título persoal, quedando excluídas as sociedades mercnatís, cooperativas, sociedades laborais e os autónomos colaboradores.

Tipos de Axuda:

  1. Subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia: As contías máximas da axuda oscilan entre: ata 5.000 €uros e ata 10.000 €uros segundo as características da persoa desempregada, sempre que acredite un investimento en inmovilizado fixo non inferior a 3.000 €uros
  2. Subvención financiera: consistente nunha redución de xuros nos préstamos necesarios destinados á constitución como traballador/a autónomo/a.
  3. Subvención para a formación: financiación parcial de certos cursos relacionados coa formación do traballador/a autónomo/a.
  4. Axuda excepcional: para o financiamento dos primeiros gastos da actividade: constitución, aprovisionamentos, aluguer de local,…
Solicitudes e prazo: as solicitudes remitiránse á delegación da Consellería de Traballo dentro dos dous meses seguintes á data de alta na Seguridade Social. O programa finalizará o 15 de setembro de 2009, pero é necesario ter en conta os prazos de presentación específicos segundo a data de alta na Seguridade Social ou mutualidade do Colexio Profesional.
Podes acceder á convocatoria do programa e ás solicitudes premando no seguinte enlace: Programa de promoción do emprego autónomo (TR341D)

Información: Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local. Centro de Cultura . Avda Alfonso Molina, s/n 15840 Santa Comba.

Telf.: 981 81 86 79 – Fax: 981 88 04 01 – E-mail: adl@santacomba.es

0 comentarios