981880075
Seleccionar página

Programa de Iniciativas Emprendedoras e de Emprego (I+E+E) ano 2009

 

Obxecto: apoiar, fomentar e dinamizar o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais promovidas por persoas desempregadas, coa finalidade de xerar emprego estable.

Beneficiarios: empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, xa que para estas existe e deben acollerse ó seu programa específico. (Ver Programa de Promoción do Emprego Autónomo). As empresas solicitantes deberán cumprir, xunto cos requisitos establecidos na Orde, as seguintes circuntancias:

· Ser empresas de nova creación

· Ser viables económica e finaceiramente

· Xerar emprego estable

· Ser promovidas, como máximo, por cinco persoas

· Non ter un capital social superior a 120.202 €. e que, polo menos, o 50% do mesmo sexa titularidade dos promotores/as desempregados/as que creen o seu propio posto de traballo na empresa.

 

Tipos de Axuda:

  1. Subvención á xeración de emprego estables: os postos de traballo estables de carácter indefinido, incluídos os dos propios promotores/as, que sexan ocupados por persoas desempregadas, ata un máximo de 10, incentivaranse dende 3.000 ata 6.000 € segundo as características do/a desempregado/a.
  2. Subvención financeira: consistente nunha redución de xuros de préstamos para financiar os investimentos en activo fixo necesarios para á creación e posta en marcha da empresa.
  3. Subvención para a asistencia técnica: dirixida tanto á formación coma á realización externa de estudos de mercado e análogos .
  4. Subvención para o inicio da actividade: para o financiamento dos primeiros gastos da actividade: constitución, aprovisionamentos, alugueiro de local,…
  5. Subvención para a conciliación da vida profesional e persoal dos/as promotores/as: para custos de gardaría dos fillos/as menores de 3 anos.

Solicitudes e prazo: as solicitudes remitiranse á delegación da Consellería de Traballo (ou ó Dr. Xeral de Promoción do Emprego cando a actividade se vaia desenvolver en máis dunha provincia da Comunidade). O prazo xeral de presentación de solicitudes remata o 15 de setembro de 2009 e respectarase, en todo caso, os prazos específicos previstos para cada tipo de subvención.

Podes acceder á convocatoria do Programa e ás solicitudes premendo no seguinte enlace: Programa de fomento das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E)(TR340K)

Información: Axencia de Desenvolvemento Local. Centro de Cultura . Avda Alfonso Molina, s/n 15840 Santa Comba.

Telf.: 981 81 86 79 – Fax: 981 88 04 01 – E-mail: adl@santacomba.es

0 comentarios