III CONCURSO DE ESCAPARATES NADAL 2009
-
Lugar e prazo de inscrición: na Oficina de Desenvolvemento Local, ata as 13:00 do día 14 de decembro, na Casa da Cultura.
-
Os participantes serán titulares e/ou cotitulares do establecemento comercial ou, no seu caso, a persoa designada aos efectos do concurso.
-
O establecemento comercial estará situado no concello de Santa Comba.
-
Os escaparates estarán deseñados antes de finalizar o período de inscrición (14 de decembro) e permanecerán invariables ata o día 31 de decembro.
-
Entrega de premios: Edificio Multiusos, día 18 de decembro ás 21:00 horas.
-
Establécense tres categorías de premios:
-
Primeiro premio: cincocentos (500) €uros líquidos
-
Segundo premio: trescentos (300) €uros líquidos
-
Terceiro premio: cento cincuenta (150) €uros líquidos
Aos finalistas faráselles entrega dun trofeo conmemorativo do concurso.
-
Información e bases do concurso: na Oficina de Desenvolvemento Local na Casa de Cultura ou no teléfono 981 88 02 75