Os vindeiros días, do venres 20 ó domingo 22 de xuño, terá lugar a Feira Multisectorial Terra de Xallas.
O novo recinto feiral do Concello de Santa Comba acollerá os expositores das diferentes empresas e comercios participantes: mobiliario, construción, alimentación, espazo artesanía, téxtil, gastronomía… Ademais, nos arredores do recinto feiral, terá lugar a expomóbil, na que os diferentes concesionarios e talleres amosarán desde coches ou motos a diversa maquinaria agrícola.
Tamén se realizarán, tanto no exterior do recinto feiral coma no Edificio Multiusos, diversas actividades, entre elas:
- Xornadas de presentación de materiais e vehículos de emerxencia e intervención de Protección Civil do concello de Santa Comba: Sábado 21, de 16 a 20 horas.
- Xornadas de presentación de materiais e vehículos de emerxencia e intervención dos Bombeiros do Parque Comarcal do Xallas-Barcala: Domingo 22, de 16 a 20 horas
- Exhibición de Automodelismo: sábado 21 ás 12 horas
- Charla "Cambio climático en Galicia: retos e oportunidades": domingo 22 ás 12 horas
- Espectáculo de Maxia: domingo 22 ás 19 horas
- Charla Agader: Xuntanza Informativa: Venres 20 ás 12 horas. Salón de actos Edificio Multiusos (ver anuncio)
Xuntanza Informativa Agader
Subvencións ós Proxectos Dinamizadores das Áreas Rurais de Galicia 2007-08 e as Oportunidades do GDR-24 dentro do Programa Leader de Desenvolvemento Rural de Galicia 2007-2013
Con motivo da inminente publicación da Orde pola que se regularán as Subvencións ós Proxectos Dinamizadores das Áreas Rurais de Galicia e, por outro lado, da posta en marcha do GDR-24, ó cal pertence o noso concello, dentro do novo programa Leader 2007-2013; e co fin de implicar o maior número de entidades, tanto públicas coma privadas, de calquera dos ámbitos económico, social, cultural, veciñal, profesional, etc., levarase a cabo unha charla informativa onde se expoñerán ámbos programas para que tod@s sexades protagonistas das súas dinámicas.
O responsable do acto será o Sr. M. Anxo Escariz Ferrín, Subdirector de coordinación e planificación para o desenvolvemento rural.