Obxectivos da Axencia: contribuir ó desenvolvemento socioeconómico substentable do Concello de Santa Comba a través da promoción e coordinación dos recursos e potencialidades do territorio, para o que se prestan servizos de información e asesoramento ós diferentes axentes sociais e económicos.
Neste senso, as principais funcións da axencia son, entre outras, as que seguen:
-
Información e xenstión das axudas a emprendedores e empresarios que favorezan a creación de emprego
-
Promoción da cultura emprendedora a través do asesoramento e apoio ós novos proxectos de iniciativa empresarial, ben sexan de carácter individual ou colectivo
-
Iniciativas de promcoción do comercio local
-
Acompañamento e apoio a promotores e promotoras de proxectos empresariais, e seguimento dos mesmos
-
Información e formación que redunde na mellora da empregabilidade
-
Información e xestión de calquera outras actuacións que incidan na mellora socioeconómica dos habitantes do noso concello (p. ex.: axudas a vivenda, Bantegal, asociacionismo veciñal e cultural,…)
Para se poñer en contacto co responsable da Axecia, faga clik prema sobre o recadro contactar que aparece na parte superior desta páxina e logo prema sobre AEDL. O horario de atención ó público é de 9:00 a 15:00 horas.
Axudas da Consellaría de Traballo: www.xunta.es/emprego/portal.htm
Páxinas web de interese:
Novidades:
-
Programa para a promoción do emprego autónnomo
-
Programa de incentivos á contratación indefinida
-
Programa de incentivos para favorecer a inserción da mocidade
-
Programa de incentivos á contratación indefinida das mulleres
-
Programa Leader 2007-2013
Pode consultar as ofertas de traballo publicadas nesta páxina remendo sobre o apartado Bolsa de Traballo que aparece na parte esquerda desta páxina.
As empresas interesadas en publicar ofertas de traballo a través desta páxina poden facelo poñéndose en contacto co AEDL.