981880075
Seleccionar página

A Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local, ven de publicar as bases reguladoras das axudas PEL 2022:

·   PEL-EMPRENDE INVESTIMENTO: Axudas para a consolidación e o fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables.

·    PEL-AUTÓNOM@S: : Axudas de apoio ao emprendemento a través do financiamento das cotas sociais de persoas autónomas.

·     PEL-PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN: Axudas á creación e ampliación do cadro de persoal de pemes, persoas autónomas e microempresas.

·    PEL-PEMES MANTEMENTO: Axudas para subvencionar o mantemento das contratacións indefinidas realizadas ao abeiro de PEL-PEMES CRECIÓN E AMPLIACIÓN 2021.

As bases das axudas PEL 2022 poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia nº 59 do 28 de marzo de 2022 ou premendo na seguinte ligazón:

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/cambioBoletin.do?fechaInput=28/03/2022

O prazo previsto para a presentación de solicitudes será desde o 11 de abril ata o 11 de maio ás 14.00 horas.

As solicitudes, unha vez aberto o prazo, presentaranse de xeito telemático a través da plataforma SUBTeL: https://sede.dacoruna.gal/subtel/

Lembrámoslle que na web do Plan de Emprego local pode consultar a información actualizada das axudas PEL 2022, así como o documento preguntas frecuentes referido ás bases.

PÁXINA WEB DO PLAN DE EMPREGO LOCAL