AXUDAS A TRASPORTISTAS AUTÓNOMOS DE MERCADORÍAS POR ESTRADA
QUE ABANDONEN A ACTIVIDADE
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas fai pública a Resolución do 15 de setembro de 2009, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan para o ano 2009 as axudas a transportistas autónomos de mercadorías por estrada que abandonen a actividade. (DOG nº 187, mércores 23 de setembro de 2009)
Obxecto: Axudas a transportistas autónomos de mercadorías por estrada que abandonen a actividade, en réxime de concorrencia competitiva
Beneficiarios:
a) Ser transportistas autónomos domiciliados en Galicia.
b) Ter unha idade igual ou superior aos cincuenta e oito anos, ou ter declarada unha incapacidade permanente absoluta.
c) Ser titulares dunha autorización vixente de transporte público de mercadorías cun máximo de tres copias.
d) Ter sido titulares durante os dez últimos anos, de forma ininterrompida, da autorización a que se refire a alínea anterior, cun máximo de tres copias.
e) Estar dados de alta no réxime de traballadores autónomos da Seguridade Social os últimos dez anos de forma ininterrompida, permitíndose unicamente unha soa interrupción por un prazo que non supere os tres meses. Nos supostos de solicitantes afectados por unha incapacidade permanente absoluta, o referido prazo de dez anos computarase desde que esta lle foi recoñecida.
f) Comprometerse a abandonar a actividade de transporte público en nome propio, renunciando a todas as autorizacións de que fose titular, e obrigándose a devolver as axudas obtidas e os correspondentes xuros no caso de reiniciala.
g) Non estar incursos en ningún dos supostos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xullo, de subvencións de Galicia.
2.- As persoas que teñan renunciado á actividade do transporte de mercadorías por estrada a través da baixa de todas as autorizacións de transporte público de que fosen titulares no período transcorrido desde o 11 de setembro de 2008 e o día de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, e que ademais cumpran os seguintes requisitos:
a) Ser transportistas autónomos domiciliados en Galicia.
b) Ter unha idade igual ou superior aos cincuenta e oito anos, ou ter declarada unha incapacidade permanente absoluta.
c) Ter sido titulares durante os dez anos inmediatamente anteriores á renuncia, de forma ininterrompida, dunha autorización de transporte público de mercadorías, cun máximo de tres copias.
d) Ter estado dados de alta no réxime de traballadores autónomos da Seguridade Social durante os dez anos inmediatamente anteriores á renuncia. Esa situación debeu manterse de forma ininterrompida, aínda que se permitirá unha soa interrupción por un prazo que non supere os tres meses. Nos supostos de solicitantes afectados por unha incapacidade permanente absoluta, o referido prazo de dez anos computarase desde que esta lle foi recoñecida.
e) Non obter, con posterioridade á renuncia, ningunha autorización para a realización de transporte público.
f) Non estar incursos en ningún dos supostos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xullo, de subvencións de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 23/10/2009
Pode acceder á Resolución premando no seguinte enlace:
Axudas a transportistas autónomos de mercadorías por estrada que abandonen a actividade
Enlaces relacionados:
0 comentarios