O Concello de Santa Comba, en colaboración coa Consellaría de Medio Ambiente, levará a cabo una solta de troitas o vindeiro día 6 de xuño na praia fluvial de Esmerode. O acto terá lugar ás 12:00 horas e está previsto que acudan membros da asociación de pesca e os nenos dos tres colexios do concello.