Temos todos/as un gran reto entre mans, e precisamos da vosa colaboración na “Campaña de segregación de biorresiduos en orixe”. Queremos informarvos de que as Directivas Europeas e Leis Nacionais van impor nos próximos anos a correcta separación dos biorresiduos en orixe (nos domicilios). Para elo, instalaremos na rúa un novo colector de lixo (o marrón).
¿Por que facemos isto?:
- Non temos espazo nos vertedoiros e non desexamos ter que construír máis.
- Debemos aproveitar tódolos residuos posibles dándolle unha segunda vida.
- Debemos coidar o planeta para os nosos fillos e netos.
- Poderiamos reducir os custos da factura do lixo nun futuro próximo.
Podemos obter o material necesario proporcionado polo Concello: caldeiro do lixo doméstico e bolsas compostables para separar os biorresiduos na casa.
O reto tamén é para os grandes produtores (viveiros, restaurantes, carnicerías, pescaderías, etc.). Para elo, visitarase cada establecemento, proporcionando a información e material necesario.
Non podemos esquecernos dos máis afectados e interesados, os nosos rapaces e rapazas. Visitaremos os colexios e o instituto, informarémoslles mediante unhas charlas interactivas sobre a importancia deste cambio e así, incrementar a súa concienciación.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Para participar no proxecto podemos inscribirnos no enlace de abaixo e obter o material (caldeiro marrón, chaves, manual e bolsas compostables).
Grazas pola vosa colaboración.