981880075
Seleccionar página

O 14 de abril, ás 20,30 horas, na aula 10 do Edificio Multiusos, terá lugar unha " XORNADA INFORMATIVA GRATUÍTA SOBRE OS CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE ( O recoñecemento das competencias profesionais a través da experiencia profesional " ).

Desde a Oficina de Formación e Emprego do Concello de Santa Comba e a través da empresa " Recursos Galicia", de Santiago de Compostela, encargada da impartición da xornada, quérese concienciar e sensibilizar á poboación da importancia da cualificación profesional, do recoñecemento da experiencia laboral e do que isto supón no aumento da empregabilidade do individuo e da competitividade do país.

O que se pretende coa xornada é a difusión dos cambios que se están a producir no sistema de formación ocupacional e que afectan a un número moi elevado de traballadores e traballadoras de Galicia.

Neste sentido, a nosa idea é explicar o funcionamento do Instituto Nacional das Cualificacións, de toda a súa organización en canto ós certificados de profesionalidade e transmitir a súa terminoloxía e conceptos, que resultan totalmente descoñecidos e alleos para os traballdores e traballadoras tanto ocupados/as coma desempregados/as, pero que, non obstante, lles afecta directamente como principais protagonistas do cambio socioeconómico actual.

OBXECTIVOS:

– Concienciar da importancia da formación para o emprego e dar a coñecer cal é a realidade desta situación a nivel da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Explicar cales son as distintas vías mediante as que se pode obter un certificado de profesionalidade.

– Informar sobre o procedemento de recoñecemento das competencias.

 

DESTINATARIOS:

– Traballadores e traballadoras en activo ou en situación de desemprego.

– Empresarios/as interesados/as en formar ó seu persoal.

– Axentes sociais que interveñen en materia de desenvolvemento local e sociolaboral.