
- Impartirá cursos Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e Asistencia documental en despachos e oficinas
- Comezarán a finais deste mes de novembro e rematarán en xullo
O Plan AFD (Accións Formativas para Desempregados) chega a Santa Comba con tres cursos para instruir a 45 persoas sen emprego coa intención de axudar á súa inserción laboral.
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade ven de conceder ó Concello de Santa Comba un total de 164.623,20 euros para levar a cabo a impartición dos certificados de profesionalidade de “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” de Nivel 2 (dúas edicións) e o de “Asistencia documental en despachos e oficinas”, de Nivel 3.
Nestes cursos contémplase que se despois de facer a selección de alumnos/as entre as persoas desempregadas interesadas quedaran prazas vacantes poderíanse seleccionar persoas en activo (autónomos ou por conta allea) sempre que poidan asistir ao curso no horario establecido e se den de alta como mellora de emprego.
O Centro de formación municipal Terra de Xallas impartirá as tres accións formativas a partir do finais deste mes de novembro ata o mes de xullo de 2023, aproximadamente, en horario de mañá.
Para calqueira información as persoas interesadas poden dirixirse ás oficinas de Formación ou a de Orientación sitas no primeiro piso do Edificio Multiusos do Concello de Santa Comba. Os teléfonos de contacto son 663728782 (técnica de formación) e 663728920 (orientadora Laboral).
0 comentarios