981880075
Seleccionar página

O Concello de Santa Comba, en colaboración coa Fundación Vodafone, levará a cabo o vindeiro día 24 de marzo dous cursos de formación dirixidos a persoas maiores: “ O móbil cerca de ti “.

Os cursos, de 3 horas de duración, serven para que os maiores aprendan o manexo básico dun terminal móbil, ademais de ensinar varios trucos e puntos importantes: cómo aprender a controlar o consumo, cándo cargar a batería e outros elementos de seguridade.O obxectivo é pór ó alcance dos nosos maiores novas ferramentas que contribúan a unha mellor comunicación co seu contorno, evitando así o seu illamento.

As persoas interesadas poderán asistir ós cursos en horario de mañá ( ( 10,30 – 13,30 ) ou de tarde ( 16,30 – 19,30 ).

As prazas son limitadas. Inscrición:

Oficina de Formación da Casa da Cultura de Santa Comba: 981 880275

Centro Sociocomunitario de Santa Comba ( Casa dos vellos ) : 981 880291 O prazo de inscrición será ata o luns 23 de marzo.

0 comentarios