O Concello de Santa Comba solicitou un obradoiro de emprego á Consellería de Traballo e Benestar.
As accións formativas que se solicitaron son:
– Albanelaría ( 15 alumnos/as )
– Carpintaría ( 15 alumnos/as )
Estes programas mixtos de formación e emprego están dirixidos á mellora da empregabilidade das persoas traballadoras desempregadas de 25 ou máis anos de idade, a través da súa cualificación profesional en alternancia coa adquisición de experiencia laboral mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de utilidade pública ou interese social.
Ademais de estar inscrito na Oficina de Emprego, é necesario ter solicitado na mesma participar nun obradoiro de emprego.
As bases reguladoras destas axudas poden consultarse no DOG nº 9 , do 14 de xaneiro de 2009 ( Orde do 30 de decembro de 2008 pola que ese establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os programas de escolas-obradoiro e casas de oficios, de obradoiros de emprego e de unidades de promoción e desenvolvemento no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede a súa convocatoria para o ano 2009 ).
INFORMACIÓN:
Oficina de Formación e Emprego
Casa da Cultura
Teléfono: 981880275 – 663728782
0 comentarios