O Concello de Santa Comba formará a 105 desempregados en sete cursos do Plan AFD e a 20 nun Obradoiro de emprego.
O Concello de Santa Comba levará a cabo sete cursos do Plan AFD dirixidos aos desempregados para a súa inserción laboral. Os cursos levaranse a cabo grazas a unha axuda de 224.739,00€ provenintes da Consellería Economía, Emprego e Industria.
Deste xeito, o Centro de Formación Municipal Terra de Xallas impartirá sete novos cursos a partir do mes de setembro de 2017 ao mes de xuño de 2018, aproximadamente : “Xestión integrada de recursos humanos” (808 horas), “Actividades administrativas na relación co cliente” (818 horas), “Operación auxiliares de servizos administrativos e xerais” (448 horas), “ Atención sociosanitraia a persoas dependentes en institucións sociais” (468 horas), “Competencia Mantemática N2 ( 138 ), Comunicación en língua castelá N2” (138 horas), Comunicación en língua galega N2”(38 horas ).
Os interesados deberán inscribirse nas oficinas de emprego (INEM) e verificar que teñen acreditada a titulación académica necesaria para acceder aos mesmos.
Por outra banda, foi concedido ao Concello de Santa Comba o obradoiro de emprego “ProTurismo 2017”, cunha duración de 9 meses, para un total de 20 alumnos/as traballadores/as. O importe da subvención concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria neste obradoiro é de 279.959,00€.
Os módulos formativos que se desenvolverán no obradoiro son: “ Promoción turística local e información ao visitante” ( Nivel 3) e “Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes ( Nivel 2 ).
A Consellería de Economía, Emprego e Industria concede ao Concello de Santa Comba un total de 504.698,00€.
Para calquera información os interesados poden dirisirxe ás oficinas de formación ou orientación sitas no Edificio Multiusos do Concello.
0 comentarios