981880075
Seleccionar página

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística,concedeulle ó Concello de Santa Comba o curso preparatorio de lingua galega CELGA 4.

A data de inicio é o 23 de marzo. Terá lugar de luns a xoves, en horario de 20,30 a 22,30.

Infórmase de que hai prazas vacantes que poderán cubrirse ata o día 25 de marzo, pois é o día en que remata o prazo para o pagamento das taxas por dereitos de exame. Poderán inscribirse traballadores/as desempregados/as ou traballadores/as en activo.

INSCRICIÓN E INFORMACIÓN:

OFICINA DE FORMACIÓN E EMPREGO

CASA DA CULTURA

Teléfonos: 981 880275 – 663728782

0 comentarios