981880075
Seleccionar página

O Concello de Santa Comba, a través da Oficina de Formación, solicitoulle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria os cursos de lingua galega ( CELGAS ) que a continuación se relacionan:

– CELGA 2

– CELGA 3

– CELGA 4

Son cursos preparatorios, abertos ó público adulto en xeral, de carácter gratuíto.

O número máximo de asistentes a cada curso será de 30.

A Resolución relativa ós mesmos saíu publicada no DOG nº 5, do luns 11 de xaneiro de 2010. O prazo de inscricións nas probas rematará o día 25 de marzo de 2010 para a convocatoria de maio e o 7 de outubro de 2010 para as probas de novembro.

O Concello de Santa Comba abre un prazo para presentar a solicitude de participación nestes cursos preparatorios que será do 21 de xaneiro ó 26 de febreiro de 2010.

MÁIS INFORMACIÓN:

OFICINA DE FORMACIÓN

CASA DA CULTURA DE SANTA COMBA

TELÉFONOS: 981 880275 – 663728782