981880075
Seleccionar página

A Consellería de Economía, Emprego e Industria aprobou para os Concellos de Santa Comba, Mazaricos e Dumbría  un Obradoiro de Emprego no que se desenvolverán as especialidades formativas de:

– Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización.

– Atención sociosanitaria persoas dependentes en institucións sociais.

Para participar no proceso selectivo deste Obradoiro a Oficina de Emprego remitirá un listado de persoas desempregadas. Os/as interesados/as en formar parte deste proceso de selección deben comunicar esta circunstancia na Oficina do Emprego.

Por outra banda, foron concedidos tres accións formativas do Plan AFD ao Concello de Santa Comba, correspondentes á programación da Consellería de Economía, Emprego e Industria, cos que se poderán conseguir as capacitacións profesionais correspondentes. Serían “Organización e Xestión de Almacéns” e “Creación e Xestión de Microempresas”, para persoas desempregadas con estudos de Bacharelato, Ciclos Superiores, Diplomaturas , licenciaturas ou competencias clave de Nivel 3 . E “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”, para persoas desempregadas con estudos de ESO, Ciclos Medios e  demais estudios superiores ou competencias clave de Nivel 2. Son certificados de profesionalidade dirixidos a persoas desempregadas inscritas na Oficina de Emprego. Si unha vez ofertadas as prazas non se cubren con persoas desempregadas, poden asistir persoas en activo, sempre e cando non interrumpa o seu traballo a asistencia ao curso.
Máis información na Oficina de Formación e Emprego do Concello de Santa Comba , sita no Edificio Multiusos.

Teléfono de contacto:981818710 – 663728782 ou tamén formacion@santacomba.es

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *