O Concello de Santa Comba abre o prazo de inscrición para a realización dun curso de " AUTOCAD ".
O curso está dirixido a traballadores en activo ( réxime xeral, autónomos, …), cunha duración aproximada de 60 horas.
O horario será de tarde / noite e as prazas existentes son 15.
A inscrición levarase a cabo na Oficina de Formación, na Casa da Cultura de Santa Comba.
Documentación necesaria:
– Fotocopia D.N.I..
– Fotocopia tarxeta sanitaria.
– Fotocopia nómina ou recibo de autónomos do mes inmediatamente anterior.
PRAZO DE INSCRICIÓN: ATA O 18 DE XUÑO .
Para mais información: Oficina de Formación ( Teléfono: 981 880275 )
0 comentarios