Ábrese de novo un proceso de inscripción para persoas participantes nas accións dirixidas a obtención do Permiso C e CAP, formación a desenvolver na Coruña, a través da REDE XIANA 2.
DISTRIBUCIÓN DE CONCELLOS POR ZONAS DE ACTUACIÓN | SEDE DA ACCION FORMATIVA |
ZONA 4: Aranga, Coirós, Irixoa, Miño, Oza_Cesuras, Paderne | A CORUÑA |
ZONA 5: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros, Sada | A CORUÑA |
ZONA 6: A Laracha, Cabana, Carballo, Coristanco, Malpica, Ponteceso, Santa Comba |
A CORUÑA |
ZONA 7: Cerceda, Tordoia, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Trazo, Val do Dubra | A CORUÑA |
Esta acción incorpora a preparación para a obtención do CAP que habilita para a conducción de vehículos de mercancias.
Prazo ata o 18 de maio de 2016
Requisitos mínimos para participar:
- Estar inscritos como demandantes de emprego no Servicio Público de Emprego de Galicia.
- Ser maior de 18 anos.
- Nivel académico: certificado de escolaridade ou nivel básico de lecto-escritura e comprensión lectora.
- Condicións psicofísicas: reunir as aptitudes psicofísicas requiridas en relación coa clase de permiso a obter e que permitan a superación do test psicotécnico.
- Todos os participantes deben entregar unha copia do carnet B.
Terán prioridade as persoas que teñan participado ou estean a participar nas accións específicas impartidas no marco do proxecto RedeXiana2, podendo, no caso de existir vacantes, facilitar a participación de persoas das fases iniciais de capacitación, pre-formación, transversal e complementaria, ou en último lugar, persoas non beneficiarias do proyecto pero ás que, a obtención deste permiso facilítelles o acceso ós recursos e ó mercado laboral. As persoas que quedaran en lista de agarda en anteriores edicións tamén terán prioridade frente a novos interesados.
Para o caso de persoas que xa participaran nalgunha acción formativa do proxecto só é preciso que actualicedes a Tarxeta de Demandante de Emprego e o Informe de Vida Laboral. No caso de novas incorporacións ao proxecto a documentación a enviar é a mesma que para calquera outra acción formativa.
Esta acción formativa oferta a posibilidade de cobro de axuda económica dependendo de cada situación persoal.
INFORMACIÓN e INSCRICIÓNS:
Oficina de Formación e Emprego
Edificio Multiusos de Santa Comba
Horario: 8,00 a 15,00 horas
Teléfonos: 981 818710 -663728782