O vindeiro día 20 de xuño terá lugar na Casa da Cultura de Santa Comba, ás 16:00 horas, unha nova charla para a obtención do CARNÉ DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS.
Todas as persoas interesadas deberán inscribirse na Oficina de Formación do Concello, sita na Casa da Cultura.
Documentación necesaria: fotocopia do D.N.I. e recibo de pagamento da taxa correspondente.
INFORMACIÓN:Casa da Cultura – Oficina de Formación
Teléfonos de contacto: 981 880275 – 663728782