O Concello de Santa Comba amplía a oferta de cursos para persoas en activo ( FOREM ) para o exercicio 2009. Os cursos son gratuítos e en horario de tarde – noite.
Os cursos que se desenvolverán ata o mes de decembro son:
– Proxectos en Autocad.
– Contabilidade informatizada para PYMES.
– Venda On-line de produtos e servizos.
– Internet para a empresa.
– Inglés empresarial.
– Informática básica ( WORD, EXCEL, ACCESS, POWER POINT ).
– Deseño gráfico.
– PHOTOSHOP ( Deseño, composisción e retoque de imaxes ).
– Básico de prevención de riscos laborais.
Todos estes cursos desenvolveranse de forma sucesiva, dependendo o desenvolvemento dos mesmos da necesidade de cubrir as 15 prazas obrigatorias por curso.
É importante que os interesados se inscriban canto antes para ir facendo os grupos, co fin de levar a cabo o maior número de cursos posibles de abril a decembro e dar opción a participar a tódolos cidadáns que os soliciten.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA:
– Fotocopia do D.N.I..
– Fotocopia da tarxeta sanitaria.
– Datos da empresa ( fotocopia nómina, recibo autónomos )
LUGAR DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE:
Oficina de Formación e Emprego
Casa da Cultura de Santa comba
981 880275