SOLICITUDE DE ACCIÓNS FORMATIVAS ( ANTIGO PLAN F.I.P. ) PARA O ANO 2009
Dentro do Plan de Emprego xalleiro para o ano 2009, o Concello de Santa Comba solicitou a Consellería de Traballo unha relación de cursos de formación ocupacional que a propia Consellería considera preferentes para a comarca de Xallas. Estos cursos diríxense prioritariamente aos traballadores e traballadoras desempregados/as.
Os cursos solicitados son:
– Aplicacións Informáticas de Xestión ( Código: ADGC02 )
– Experto en Xestión de Salarios e Seguros Sociais ( ADGX04 )
– Xerente de Empresas de Economía Social ( ADGZ83 )
– Informática de Usuario ( Código: IFCI23 )
– Iniciación á Rede Internet ( Código: IFCX02 )
– Carpinteiro/a ( Código: MAMS10 )
– Ebanista ( Código: MAMS40 )
– Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio ( Código: SSCS0108 )
As persoas interesadas en participar deben inscribirse na Oficina de Emprego co código correspondente ao curso.
Para calquera información:
OFICINA DE FORMACIÓN E EMPREGO
Casa da Cultura de Santa Comba
Teléfono: 981880275