Con data 15 de xaneiro de 2009 ( DOGA nº 10 ) sae publicada a convocatoria das probas dos cursos de lingua galega ( Celgas ) para o ano 2009:
– PRAZO DE INSCRICIÓN:
. Para a convocatoria de MAIO: ata o 25 de marzo de 2009 ( inclusive ).
. Para a convocatoria de NOVEMBRO: ata o día 12 de outubro ( inclusive )
CONTÍA DAS TAXAS DE EXAME: 15,61 €
As persoas interesadas presentarán, xunto coa solicitude, o xustificante de pagamento das taxas.
A TRAMITACIÓN DESTA DOCUMENTACIÓN PODEN REALIZALA NA CASA DA CULTURA DE SANTA COMBA, NA OFICINA DE FORMACIÓN E EMPREGO.
Para calquera información ou dúbida:
OFICINA DE FORMACIÓN E EMPREGO
CASA DA CULTURA
Teléfono: 981 880275