981880075
Seleccionar página

O Concello de Santa Comba formará a 75 desempregados en 5 cursos do Plan AFD 2021/2022 dirixidos ás persoas traballadoras desempregadas para a súa inserción laboral.Este ano a Orde destes cursos contempla que se despois de facer a selección alumnos/as entre as persoas desempregadas interesadas quedaran prazas vacantes, poderíanse seleccionar persoas en activo (autónomos ou por conta allea) sempre que poidan asistir ao curso no horario establecido. Os cursos levaranse a cabo grazas a unha axuda de 97.380,00€ concedidos pola Consellería de Emprego e Igualdade. Deste xeito, o Centro de formación municipal Terra de Xallas impartirá cinco accións formativas a partir do mes de novembro de 2021 ata o mes de xullo de 2022,aproximadamente: • “Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos” (Nivel 1) • “ Organización e Xestión de Almacéns” (Nivel 3) • “Competencia Matemática N2” • “Comunicación en Língua Castelá N2” • “Comunicación en Língua Galega N2”O curso de “Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos” (Nivel 1) e os cursos das competencias de Nivel 2 comezarán a partir do 2 de novembro, mentres que o de “Organización e xestión de Almacéns” está previsto para mediados de marzo de 2022. Para calquera información as persoas interesadas poden dirixirse ás oficinas de formación ou orientación sitas no primeiro piso do Edificio Multiusos do Concello de Santa Comba.Teléfonos de contacto: 663728782 (Técnico de formación)- 663728920 (Orientadora Laboral)