Como xa ven sendo tradicional na última década, a Oficina de Deportes do Concello de Santa Comba organiza o Día da Bicicleta, que este ano cumple a súa undécima edición.
A cita será o vindeiro domingo 31 de agosto na Praza da Casa de Cultura, de onde se sairá a partir das 9 da mañá para facer un percorrido cicloturístico non competitivo por estradas do concello xalleiro.
A ruta constará duns 40 kilómetros e nela poderase disfrutar das fermosas paraxes naturais da zona e, ó finalizar, tódolos participantes poderán saborear unha gran churrascada na praia fluvial de Esmorode.
A Organización ten previsto agasallar a tódolos ciclistas ademáis de sortear unha bicicleta e premiar ó participante máis xoven e o máis veterano.
O prazo de inscripción estará aberto desde o luns 4 de agosto na Oficina Municipal de Deportes e a única obligación para os ciclistas será a utilización do casco durante o percorrido.
Nas datas previas a este evento, a Concellería de Deportes organizará a Semana da Bicicleta, dirixida especialmente ós nenos, que constará dunha contrarreloxio, un circuito vial e un monográfico de primeiros auxilios relacionados co mundo da bicicleta.
Toda a xente que queira pariticipar nestas actividades, deberán apuntarse na Oficina Municipal de Deportes ou no 981 88 02 75.
Dende o Departamento de Deportes, dirixido por D. Javier Facal, querese agradecer a labor de colaboración e patrocionio de Motos López e Carbónicas Landeira neste evento.
0 comentarios