981880075
Seleccionar página

BASES PARA O 1º TORNEO DE NADAL DE FUTSAL DO CONCELLO DE SANTA COMBA

  • O  Torneo celebrarase o 2 e 3 de decembro de 2023 e está dirixido a maiores de 18 anos e menores entre 16 e 17 anos con consentimento do titor/a legal.
  • As datas de inscrición para o 1º Torneo de Nadal Futsal serán do 14-11-23 ao 27-11-23.
  • O formulario para poder inscribirse estará dispoñible na páxina web do concello: www.santacomba.org/reservas, tamén será posible inscribirse de xeito presencial ou por teléfono no Departamento de Deportes.
  • Cada equipo contará cun mínimo de 5 xogadores/as e un máximo de 10 xogadores/as.
  • Todos os equipos deben inscribirse cun nome representativo do mesmo e un teléfono de contacto.
  • O Torneo será de balde, sen cota de inscrición.
  • O Torneo rexerase polas normas da Federación galega de fútbol sala.
  • Os partidos terán 2 tempos de 20 minutos cada un, sin parar o reloxo, e contarán con 5 minutos de descanso entre ambos.
  • Para dar comezo a un encontro cada equipo estará composto por alomenos, 4 xogadores/as, un dos cales fará de gardameta.
  • Pasados os 5 minutos da hora fixada para o comezo do partido, se un equipo non tivera o mínimo de xogadores/as no campo ou non se presentara, entenderase incomparecencia e perderá o partido por 3-0.
  • Cada equipo deberá nomear un Delegado que, ademáis de exercer de capitán, será o encargado de manter a comunicacións e o contacto coa organización.
  • Si as equipacións á hora de comezar o partido coincidisen na mesma cor ou poideran levar a confusións durante a celebración do encontro, o árbitro sorteará que equipo debe poñerse os petos.
  • Para que o arbitro poda comezar o partido cada equipo deberá presentarse debidamente uniformado (polo  menos na cor da camiseta e pantalón, que debe coincidir en todos os xogadores/as do campo).
  • O cadro dos partidos  configurarase por sorteo una vez rematado o prazo de inscrición e en función do número de equipos, e constará de partidos de eliminación directa ata chegar á final.
  • O/s pavillón/s onde se celebrará o torneo será o Pavillón Municipal de Fontenla, podendo trasladarse partidos ao pavillón Municipal de Traba se o número de encontros ou as condicións das instalacións así o requiran.
  • Haberá trofeos para os catro primeiros clasificados e premios en vale de compra para establecementos comerciais radicados no municipio (trocables ata o 29 de xaneiro de 2024), distribuídos da seguinte maneira:

Iº Clasificado, campión: 200 euros.

IIº Clasificado, subcampión: 150 euros.

IIIº  clasificado : 100 euros.

NOTA: Si xurdira algunha dúbida durante a celebración do Torneo, A Concellería de Deportes xunto cos árbitros serán os encargados de solventala.