981880075
Seleccionar página

 

A OFICINA MUNICIPAL DE DEPORTES DE SANTA COMBA ORGANIZA A CUARTA EDICIÓN DA LIGA DE TENIS DO CONCELLO DE SANTA COMBA, APROVEITANDO A GRANDE AFECCIÓN QUE EXISTE NO NOSO MUNICIPIO.

OS PARTIDOS XOGARANSE NOS PAVILLÓNS POLIDEPORTIVOS DE FONTENLA E DE TRABA- CASTRIZ,  DE LUNS A VENRES, E A ORGANIZACIÓN ADAPTARASE Á DISPOÑIBILIDADE.

POLO FEITO DE PARTICIPAR XA RECIBIRÁN COMO OBSEQUIO UNHA SUDADEIRA. Ó FINAL DA LIGA, PREMIARANSE OS CATRO PRIMEIROS CLASIFICADOS CON DIVERSOS TROFEOS.

NAS EDICIÓNS PASADAS, A LIGA CONTOU CUN BO NÚMERO DE PARTICIPANTES, E PARA ESTE ANO, A CONCELLARÍA DE DEPORTES, A CARGO DE D. JAVIER FACAL CALVO, IMPULSADORA DO EVENTO, AGARDA QUE SE POIDA AMPLIAR AÍNDA MÁIS, SOBRE TODO ENTRE OS NOVOS VALORES DO TENIS NA LOCALIDADE.

O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ESTA LIGA ESTARÁ ABERTO ATA O VINDEIRO DÍA 10 DE ABRIL NA MESMA OFICINA, NO CENTRO MUNICIPAL DE CULTURA.