FINAL DA XXII LIGA DE FÚTBOL- SALA SENIOR
O sábado 15 de maio ás 19.00h disputarase o 3º e 4º posto da Copa de Fútbol -Sala e a continuación a Gran Final . A organización correrá a cargo da Concellaría de Deportes que dirixe Javier Facal, no pavillón Municipal de Traba (Castriz).
Nesta edición participaron na Liga e na Copa xalleira 19 equipos, maioritariamente do concello de Santa Comba, aínda que tamén houbo representación de concellos limítrofes como Zas, Val do Dubra , Mazaricos e Tordoia. Máis de 250 xogadores pasaron polos Pavillóns Municipais de Fontenla e Traba durante os 6 meses de liga; co que este evento afiánzase como un dos máis prestixiosos no deporte do fútbol-sala no triángulo noroeste da provincia da Coruña.
O Cadro de Honra da competición de Liga quedou da seguinte forma:
XXII LIGA CONCELLO DE SANTA COMBA
– CAMPIÓN : CAFETERÍA TALLADAS
– SUBCAMPIÓN : XUVENTUDE ANXERIZ
– 3º CLASIFICADO: TALLERES ARÁN
– 4º CLASIFICADO: PUNTA CANA
– TROFEO Ó MÁXIMO GOLEADOR
(TROFEO PATROCINADO POLA CONCELLARÍA DE DEPORTES DE SANTA COMBA)
– TROFEO Ó PORTEIRO MENOS GOLEADO
(TROFEO PATROCINADO POLA CONCELLARÍA DE DEPORTES DE SANTA COMBA)
VI TROFEO CONCELLARÍA DE DEPORTES DE SANTA COMBA
– CAMPIÓN : ________________
(TROFEO PATROCINADO POLA CONCELLARÍA DE DEPORTES)
– SUBCAMPIÓN : __________________
(TROFEO PATROCINADO POLA CONCELLARÍA DE DEPORTES DE SANTA COMBA )
– TROFEO Ó MÁXIMO GOLEADOR
(TROFEO PATROCINADO POLA CONCELLARÍA DE DEPORTES DE SANTA COMBA)
– TROFEO Ó PORTEIRO MENOS GOLEADO
(TROFEO PATROCINADO POLA CONCELLARÍA DE DEPORTES DE SANTA COMBA)