Este venres 9 de setembro, na piscina municipal descuberta.
A Concellería de Deportes do Concello de Santa Comba organizará o vindeiro venres 9 de setembro ás 12.00h, unha gran festa deportiva na Piscina Municipal descuberta como clausura do verán deportivo 2011.
Arredor das 12.00h haberá un gran espectáculo de máxia a cargo do Mago Cayetano Lledó e a continuación os usuarios poderán desfrutar dos talleres de maquillaxe, de pintura, de abalorios e da aquabiblio (lectura de libros).
A entrada é gratuita e o único requisito para poder bañarse é gorro, chanclas e bañador.
O horario das actividades é de 12.00h ás 14.00h. Na organización desta actividade colabora o Departamento de Cultura do Concello de Santa Comba.
0 comentarios