981880075
Seleccionar página

A Concellaría de Deportes de Santa Comba abre o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas Municipais desde o 1 de outubro ata o 29 de outubro. Durante este mes, os nenos e nenas xalleiros/as poderán anotarse nas seguintes actividades: Baloncesto, Iniciación Deportiva, Fútbol-Sala, Balonmán, Voleibol, Fútbol-Sala Feminino, Tenis, Patinaxe, Aerobic Infantil e Taekwon-do.

As actividades darán comezo o vindeiro día 4 de novembro. Durante esta última semana do mes, os que aínda non o fixeran, poden formalizar a súa inscrición na Oficina Municipal de Deportes, sita no Edificio Multiusos.

A oferta deportiva de Santa Comba non remata só entre a mocidade, xa que os adultos tamén teñen a posibilidade de practicar distintas disciplinas a través do Concello. Concretamente, Taekwondo, Baloncesto,Patinaxe, Pilates e Aerobic, Esta última é a que está contando con máis demanda entre os xalleiros. Estas actividades han comezar tamén a principios do mes de novembro. Todos aqueles que desexen inscribirse ou obter máis información poden dirixirse á Oficina de Deportes ou chamar ó 981 81 87 10.