A XX LIGA DE FÚTBOL SALA CONCELLO DE SANTA COMBA PREPARA A SÚA FESTA FINAL
A Liga, patrocinada por Xallascasa Promociones, tivo como vencedor ó equipo de A Nosa Taberna. A Copa, co patrocinio de Romar Bus, comezou esta mesma semana. A gran final da Copa, o 3 de maio, porá o broche de ouro a un ano interesantísimo.
Tras seis meses de competición, a tempada do fútbol-sala en Santa Comba toca a súa fin. A entrega de premios ós campións de Liga- xa rematada- e de Copa -en disputa- o vindeiro sábado 3 de maio no Pavillón de Fontenla marcará un brillante epílogo para o fútbol-sala xalleiro.
Ese día xogarase a Final de Copa, trala cal, desfilarán pola pista tódolos triunfadores. A organización correrá a cargo da Concellaría de Deportes, que dirixe Javier Facal, e contará coa inestimable colaboración como patrocinadores de dúas empresas de referencia da localidade, Xallascasa Promociones S.L e Romar Bus.
Nesta edición participaron na Liga e na Copa xalleira 17 equipos, maioritariamente do concello de Santa Comba, aínda que tamén houbo representación de concellos limítrofes como Zas, Val do Dubra ou Mazaricos. Máis de 200 xogadores pasaron polos Pavillóns Municipais de Fontenla e Traba durante os 6 meses de liga; co que este evento se afianza como un dos máis prestixiosos no deporte do fútbol-sala no triángulo noroeste da provincia da Coruña.
O Cadro de Honra da competición de Liga quedou da seguinte forma:
XX LIGA CONCELLO DE SANTA COMBA
– CAMPIÓN : A NOSA TABERNA
(TROFEO E PREMIO DUNS CHÁNDALES PATROCINADO POR XALLASCASA PROMOCIONES S.L.)
– SUBCAMPIÓN : PULIDOS MAROÑAS- COMERCIAL RODRÍGUEZ
(TROFEO E PREMIO DUNHAS SUADEIRAS PATROCINADO POLO CONCELLO DE SANTA COMBA)
– 3º CLASIFICADO: CAFETARÍA TALLADAS
(TROFEO E PREMIO DUNS CHUVASQUEIROS PATROCINADO POLA CONCELLARÍA DE DEPORTES DE SANTA COMBA )
– 4º CLASIFICADO: CERVECERÍA A CATEDRAL
(TROFEO PATROCINADO POLA CONCELLARÍA DE DEPORTES DE SANTA COMBA)
– TROFEO Ó MÁXIMO GOLEADOR
(TROFEO PATROCINADO POLA CONCELLARÍA DE DEPORTES DE SANTA COMBA)
– TROFEO Ó PORTEIRO MENOS GOLEADO
(TROFEO PATROCINADO POLA CONCELLARÍA DE DEPORTES DE SANTA COMBA)
IV TROFEO CONCELLARÍA DE DEPORTES DE SANTA COMBA
– CAMPIÓN : BAR ZURICH
(TROFEO PATROCINADO POLA CONCELLARÍA DE DEPORTES)
– SUBCAMPIÓN : MÁRMOLES ARIJÓN
(TROFEO PATROCINADO POLA CONCELLARÍA DE DEPORTES DE SANTA COMBA )
– TROFEO Ó MÁXIMO GOLEADOR
(TROFEO PATROCINADO POLA CONCELLARÍA DE DEPORTES DE SANTA COMBA)
– TROFEO Ó PORTEIRO MENOS GOLEADO
(TROFEO PATROCINADO POLA CONCELLARÍA DE DEPORTES DE SANTA COMBA)