VERÁN LÚDICO SANTA COMBA 2008.
O Concello de Santa Comba ofrece o programa " Verán Lúdico Santa Comba 2008", elaborado pola Concellaría de Educación, Xuventude, Cultura e Deporte en colaboración coa Concellaría de Servizos Sociais e Cim.
O programa desenvolverase entre os meses de xullo e agosto e os rapaces e rapazas poderán participar en moi diversas actividades de ocio, culturais e deportivas; co obxectivo de optimizar o tempo libre, ofreceránselles alternativas de ocio e a posibilidade de conciliar vida familiar e laboral ós pais, durante as vacacións dos seus fillos.
As actividades do programa "Verán Lúdico Santa Comba 2008" do Concello de Santa Comba son:
XULLO:
– Campamentos de fútbol na Acea de Ama.
– Campamentos deportivos en Calvo Sotelo.
– Viaxe á Expo-Zaragoza do 17 ó 21 de xullo.
– Día da Auga: Viaxe a Aquapark, en Cerceda, o día 10 de xullo.
– Programa “ O mes dos trasnos “, para nenos de 3 a 6 anos, ó longo do mes. Tódolos martes de 10:00 a 12:00 horas.
– Día da Natureza. Roteiros de Sendeirismo, o día 17 de xullo.
– Programa “ Coñece a túa costa “. Excursión pola Costa da Morte, o 30 de xullo.
AGOSTO:
– Campamento de Verán. Porto do Son, do 1 ó 15 de agosto.
– Día da Auga. Viaxe a Aquapark, en Cerceda, o día 21 de agosto.
– XI Día da Bicicleta o día 31 de agosto.
– Día da Natureza. Roteiros de Sendeirismo, o día 28 de agosto.
– I Torneo de Fútbol 7 para nenos.
– Descenso en piragüa polo río Xallas.
– Festa da Auga na Piscina Municipal.
– Obradoiros de apoio escolar: Reforzo para Primaria e Secundaria.
– Obradoiro de ler, contar e xogar. Tódolos martes de 11:30 a 13:00 h.
– Cine ó aire libre (Campo da feira ou Multiusos, se chove). Ás 22:00 h
* día 5: El diablo se viste de Prada.
* día 21: Una noche en el museo.
* día 27: Lady Killers-
GRAN FESTA PECHE DO VERÁN.
Máis información nos tfnos: 981.880275 ou 981.818710 .