RESULTADOS DO SORTEO PÚBLICO DO PROGRAMA “ VIVIR O MUNDO:VIVIR EUROPA 2008. EXPO ZARAGOZA”, DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA.
No salón de plenos do Concello de Santa Comba, celebrouse o día 24 de xuño e na presenza da secretaria da corporación e do público asistente, o sorteo público para a adxudicación de oito prazas para a viaxe a Expo Zaragoza organizada pola Deputación da Coruña.
Estes son os oito candidatos selecciónados e os primeiros oito suplentes, dos vinte e nove rapaces que optaban á praza.
CANDIDATOS SELECCIONADOS.
1.- Valeria Cancela Rial.
2.- Manuel Rial Calvo.
3.- Daniel Ríos García.
4.- Tamara González López.
5.- Tania Fidalgo Martínez.
6.- Miguel Angel Barbeira Vilar.
7.- Alba Caamaño Castro.
8.- Alba Vilariño Ares
CANDIDATOS SUPLENTES.
9.- María Cancela Mata.
10.- Pablo Oreiro Landeira.
11.- Claudia Ríos García.
12.- Natalia Cernadas Fariña.
13.- Nerea Míguez González.
14.- Sara Souto Ares.
15.- Lucía García Barreiro.
16.- Alejandro Pazos Antelo.
Os nenos e nenas visitarán desde o 17 ó 21 de xullo a Expo Zaragoza, e participarán en distintas actividades de carácter cultural e lúdico-recreativo na capital aragonesa, incluídos no programa.
As viaxes realizaranse en autobús desde o concello ata a cidade da Coruña e en tren desde a capital herculina ata Zaragoza.
A saída de cada unha das quendas será ás 18 horas desde a Estación de San Cristovo da Coruña, e a chegada a Zaragoza ás 6 horas.
Os nenos pasarán dúas xornadas completas na EXPO 2008, e a última visitando a capital aragonesa.
O concello de Santa Comba viaxará na SEXTA QUENDA, do 17 ó 21 de xullo, xunto cos concellos de:Ames, A Baña, Boqueixón, Brión, Dodro, Negreira, Padrón, Rois, Teo, Val do Dubra e Vedra.
DESDE O CONCELLO DESÉXASELLES FELIZ VIAXE A TÓDOLOS NENOS E NENAS